miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O martes comeza o operativo especial de tráfico pola fin das festas

O martes comeza o operativo especial de tráfico pola fin das festas
O martes comeza o operativo especial de tráfico pola fin das festas

Quedarán cortadas ao tráfico a partir das 22:00 horas as avenidas da Coruña e de Compostela, no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e a avenida das Burgas

Debido á celebración dos FOGOS FIN DE FESTA, que se tirarán desde a escalinata do campus universitario ás 23.30 horas do martes 31, quedará cortado ao tránsito peonil, a partir das 8.00 horas, o Paseo da Ferradura (zona máis próxima á escalinata do campus) e as zonas adxacentes, que estarán debidamente valadas. Tamén se pechará a partir desa mesma hora o parque infantil situado na avenida de Compostela.

Quedarán cortadas ao tráfico a partir das 22:00 horas as avenidas da Coruña e de Compostela, no tramo comprendido entre a avenida das Ciencias e a avenida das Burgas, polo que o tráfico que suba por esta última rúa deberá xirar obrigatoriamente á esquerda en dirección ao Cruceiro do Gaio. Prohíbese tamén o aparcamento desde as 15:00 horas do 31 de xullo ata a 01.00 h do 1 de agosto.

No que respecta ao público que presencie os fogos dende o campus sur, prégase que, unha vez rematado o espectáculo pirotécnico, non empreguen as escalinatas de acceso á Alameda nin entren no perímetro de seguridade ata que os efectivos policiais e de Protección Civil lles indiquen que, verificados os elementos de disparo, poden subir sen risco.

Membros da Policía e de Protección Civil estarán presentes na zona para guiar a vehículos e viandantes e aclarar calquera dúbida.

Comentarios
Lo más