miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Gonzalo Caballero chama a apoiar a relaxación do déficit que conseguiu o goberno para “paliar os recortes que sofren os galegos” coa política de Feijóo

Gonzalo Caballero chama a apoiar a relaxación do déficit que conseguiu o goberno para “paliar os recortes que sofren os galegos” coa política de Feijóo
Gonzalo Caballero chama a apoiar a relaxación do déficit que conseguiu o goberno para “paliar os recortes que sofren os galegos” coa política de Feijóo

O secretario xeral reclama ao PP que “abandone o seu neoliberalismo caduco” e chama ás forzas de esquerda a “entender que nos xogamos avances substanciais” para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu este venres en rolda de prensa para valorar a relaxación do déficit que conseguiu de Bruxelas o goberno liderado por Pedro Sánchez, posto que poría a disposición da Xunta 133 millóns de euros adicionais que permitirían “paliar os recortes que sofren os galegos” a causa das políticas de Feijóo.

Como enumerou o líder dos socialistas galegos, eses fondos permitirían cubrir demandas como construír sete residencias de maiores, cun custe total inferior aos 50 millóns de euros; ou consignar os 12 millóns de euros que se requiren para poñer a funcionar o servizo de Hemodinámica nos hospitais de Lugo e Ourense durante as 24 horas do día.

Do mesmo xeito, proseguiu Gonzalo Caballero, con eses cartos podería paliarse o déficit de cando menos 40 pediatras que existe en Galicia, a través dun investimento de 2,4 millóns de euros; ou dotar a cada un dos hospitais comarcais dun TAC, cun coste de 42 millóns de euros que permitiría reducir os máis de 50 dias de espera que se rexistran na actualidade; ou crear novas prazas de garderías públicas.

Así pois, o secretario xeral do PSdeG reclamou “ao PP de Pablo Casado e Feijóo” que “abandone o seu neoliberalismo caduco” e, no canto de “facer oposición ao goberno”, poña por diante “os intereses da cidadanía”. Nesa liña, fixo tamén “un chamamento a outras forzas de esquerda para que entendan que nos xogamos avances substanciais” para Galicia e tamén no resto de comunidades.

“UN GOBERNO DE PROGRESO”

En paralelo, Gonzalo Caballero advertiu de que “tentar frear o avance do goberno de progreso” que encabeza Pedro Sánchez “é un fracaso para o país”.

Aludiu así a que o executivo xa ten tomado medidas “fundamentais” para o benestar das persoas, como a supresión do copago farmacéutico que afecta a 800.000 pensionistas en Galicia, a suba das bolsas para estudantes, o incremento das pensións de viuvez ou o aumento do salario mínimo interprofesional.

“A cidadanía non vai premiar a quen pon os intereses de parte por riba dos intereses xerais”, recalcou o máximo dirixente dos socialistas galegos en referencia á votación nas Cortes sobre a relaxación do déficit.

Comentarios
Lo más