miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira dispón once contenedores de aceite de cociña

Ribeira dispón once contenedores de aceite de cociña
Ribeira dispón once contenedores de aceite de cociña

Cada un deles ten unha capacidade de 208 litros e son de dobre parede para evitar filtracións

A empresa concesionaria do servizo de limpeza, Recolte, acaba de instalar un total de once contedores de aceite de cociña usado na cidade de Ribeira, aos que se van sumar outros seis no Malecón unha vez rematen as obras.

Cada un deles ten unha capacidade de 208 litros e son de dobre parede para evitar filtracións. É importante subliñar que están destinados á introdución de recipientes pechados e non a verter o aceite a granel.

Os contedores están situados en: praza do Concello (2), Rosalía de Castro (2), Miguel Rodríguez Bautista (2), rúa Ameneiro (1), Romero Ortiz (1), Clara Campoamor (1), Mariño de Rivera (1) e avenida da Coruña (1).

Comentarios
Lo más