Os socialistas de Santiago preocupados pola EPA na cidade e co incumprimento do Plan de Emprego
O voceiro do PSdeG destacou que Santiago é a única das sete grandes cidades galegas nas que sube a taxa de paro
O voceiro socialista, Paco Reyes, compareceu onte en rolda de prensa para avaliar os datos coñecidos sobre o segundo trimestre da EPA. Como dixo o concelleiro, algúns destes datos son "preocupantes" para Santiago, como o da baixada, en case cinco puntos, da poboación activa, e de poboación ocupada, nunha porcentaxa similar.
En base a estes datos, Reyes puntualizou que o que a priori podería parecer unha boa cifra, a que di que hai 200 desempregados menos, en realidade é enganoso, posto que isto acontece precisamente porque hai menos poboación activa e ocupada.
Ademais, o voceiro do PSdeG destacou que Santiago é a única das sete grandes cidades galegas nas que sube a taxa de paro, o que supón que Compostela deixa de ser a localidade con mellores datos de Galicia e cede ese posto a Lugo, cunha alcaldesa socialista y unha taxa do 10.2% segundo a EPA.
Para Paco Reyes, as cifras "preocupantes" que presenta Santiago teñen unha relación directa coa falta de investimento e cumprimento do Plan de Emprego por parte do goberno de Compostela Aberta. A este respecto, o edil asegurou que, segundo a liquidación de 2017 que se vén de coñecer recentemente, CA deixou de gastar un millón de euros no capítulo de fomento do emprego e só materializaron o 22% de investimento.
Como dixo o concelleiro, tres anos máis tarde de que Compostela Aberta chegara ao goberno municipal se ten constatado que o que semelleba ser unha das súas maiores preocupacións, non o é na realidade, posto que non está traballando para resolvelo. Para os e as socialistas, pola contra, si segue a ser o principal prioridade e, para iso, Reyes lembrou todas as iniciativas que ten promovido o seu grupo neste período. Así mesmo, lembrou que cada ano eleva propostas que son recollidas polo grupo de goberno para os orzamentos, pero que non executa.