Henk Norel, carácter de MVP para o Breogán
O pívot, incluído no mellor quinteto da pasada Liga Endesa como xogador máis valorado, vestirá a celeste na campaña 2018/2019
O internacional holandés Henk Norel (Amsterdam 17/09/1987) asinou un acordo co Cafés Candelas Breogán para formar parte do proxecto de Natxo Lezkano para o regreso á máxima categoría.
Norel é un pívot de 2,12 m. con sobrada experiencia na máxima categoría do baloncesto español, e procedente do Delteco GBC onde promediou a pasada campaña 13,9 puntos e 6,7 rebotes coa maior valoración media da categoría con 19,5 puntos por encontro.
Internacional con Holanda en tódalas categorías, na súa carreira, Norel militou en varios equipos ACB como Zaragoza, Joventut e GBC, dende onde chega a Lugo para unha nova etapa tras ser elixido, na pasada tempada, mellor xogador de Liga Endesa en dúas xornadas de competición, MVP Movistar de Outubro e xogador con mellor valoración media e parte dun quinteto ideal de Liga Endesa no que figuran estrelas como Luka Doncic, Tornike Shengelia, Gary Neal y Sylven Landesberg.
Norel é un pívot que domina o xogo de pick&roll, con moita mobilidade e envergadura que lle permiten ser un xogador versátil cunha grande capacidade de rebote en ataque. Norel posúe grandes movementos no poste baixo e un fiable lanzamento de media distancia.