miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso quere concienciar aos máis pequenos co reciclaxe

Oroso quere concienciar aos máis pequenos co reciclaxe
Oroso quere concienciar aos máis pequenos co reciclaxe

Concienciar aos máis pequenos é fundamental para coidar o medio ambiente

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a concelleira de Benestar Social, Ensino e Atención á Infancia, Beatriz Rodeiro, visitaron aos nenos e nenas que participan no campamento do Summer Camp para facerlles entrega do caderno verde de Troi, onde se explica que cousas se deben de tirar a cada colector, así como que residuos se admiten no Punto limpo do concello e os números de interese para as recollidas.

Esta entrega das libretas foi previa á visita dos nenos e nenas ao Punto limpo, onde aprenderon como se tratan os residuos que chegan alí. Concienciar aos máis pequenos é fundamental para coidar o medio ambiente.

Comentarios
Lo más