Arranca o programa cultural estival de Ordes
Do 1 ao 17 de agosto ‘Unha viaxe pola cultura’ traerá de xeito gratuíto clown, música, teatro, aéreos, espectáculos para bebés, pallasos, monicreques, maxia, folclore e moito máis
O Departamento de Cultura do Concello de Ordes xa ten listo o seu programa ‘Unha viaxe pola cultura’. Dirixida a un público familiar engloba unha amplísima variedade de espectáculos e actividades para desfrutar gratuitamente as tardes do 1 ao 17 de agosto.
A alameda de Ordes será o escenario principal para a maioría das citas, que darán comezo a partir das 20 horas, e que en caso de chuvia trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura.
‘Unha viaxe pola cultura’ conta coa colaboración da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Galicia o bo camiño, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Gadis.