miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Orange convértese no teleoperador con peor calidade móbil no 2017

Orange convértese no teleoperador con peor calidade móbil no 2017
Orange convértese no teleoperador con peor calidade móbil no 2017

O tempo de espera nas reparacións superan as 90 horas

A Unión de Consumidores de Galicia avaliou a calidade dos operadores de telecomunicacións segundo os datos depositados polos mesmos na SETSI e as estatísticas de reclamacións da Oficina de Atención dos Usuarios das Telecomunicacións (OAUTEL) durante o 2017.

O Grupo Orange consegue o peor resultado e convértese no teleoperador con peor calidade móbil cunha puntuación de 6,69 puntos.

Fortalezas. Predominan os datos discretos. Baixo nivel de reclamacións ante a OAUTEL en móbil (1,64%. A velocidade de descarga en tecnoloxía ADSL é do 81% e en FTHH do 99%, nas subidas rexistra caudais menores, 72% e 97%, respectivamente.

Debilidades. Os seus índices de avarías en fixo e Internet próximos ó 3,5%, son dos maiores. Igual que o tempo das reparacións, máis de 90 horas. A porcentaxe de avarías reparadas supera lixeiramente o 85%; tanto en telefonía como Internet.

Discreto tamén é o índice de reclamacións en fixo (2,55%) e en móbil (1,70%), e os 19 días que tardan en resolvelas no primeiro dos casos. As reclamacións ante a OAUTEL sobre os servizos converxentes marcan un 3,60% e sobre o servizo fixo, un 17%.

Os primeiros postos do ranking correspóndelles a Movistar, Euskatel e Telecable, estas dúas últimas operan en territorio autónomico.

Comentarios
Lo más