Neonatoloxía de Santiago incorpora a técnica ECMO para pacientes que non respondan ao tratamento ou que necesiten depurar o sangue
A ECMO (Membrana de osixenación extracorpórea) é unha terapia altamente invasiva que consiste en extraer sangue do sistema venoso do paciente e inxectarlla de novo unha vez osixenada
O Servizo de Neonatoloxía da Área Sanitaria de Santiago incorpora a técnica ECMO (do inglés Extracorporeal Membrane Oxigenator: Membrana de Osixenación Extracorpórea) para tratar a recén nados moi graves con problemas respiratorios que non respondan á terapia convencional, ou ben para unha depuración rápida do sangue dalgunhas substancias que poderían ser nocivas que é necesario eliminar para evitar secuelas cerebrais como sucede nalgunhas formas graves de enfermidades metabólicas hereditarias.
A ECMO é una terapia altamente invasiva que xa se emprega na unidade de coidados intensivos de adultos en pacientes graves e que agora tamén se vai utilizar en neonatos. Baséase nun circuíto de tubos onde se intercala un osixenador, unha bomba que impulse o sangue e un sistema de quentamento da mesma. O sangue do paciente é extraída do sistema venoso do paciente e se lle inxecta de novo ao paciente unha vez osixenada.
A introdución da ECMO en Unidades de Coidados Intensivos Neonatais mellorou a supervivencia de recén nados con patoloxía cardiorespiratoria grave nos últimos anos. Ao tratarse dun sistema tan específico, soamente se debe realizar en unidades moi especializadas en manexo de pacientes graves, e cun persoal perfectamente cualificado e formado no manexo desta técnica. No Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela aplícase a pacientes adultos pero agora tamén se incorpora no Servicio de Neonatoloxía, con 2 neonatólogos altamente especializados para ela, Carolina López Sanguos e Alejandro Pérez Muñuzuri.
Ambos afirman que aínda que “os criterios son estritos, esperamos mellorar o prognóstico dos nosos pacientes máis críticos aos que lles pode supoñer sobrevivir a pesar da súa patoloxía moi grave pero potencialmente reversible”.