miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso pide dotar de medios á policía local

Compromiso pide dotar de medios á policía local
Compromiso pide dotar de medios á policía local

Dende a formación galeguista sinalan “o deterioro e precariedade que leva sufrindo o cadro de persoal da policía municipal"

Dende Compromiso ven con moita preocupación as denuncias feitas dende a policía local ante a falta de persoal para cubrir turnos "cun coche ou dous por quenda". Dende a formación galeguista sinalan “o deterioro e precariedade que leva sufrindo o cadro de persoal da policía municipal, tanto en axentes como en medios para desenvolver o seu traballo, dende fai anos. Esta situación acentúase en épocas do ano de gran afluencia de visitantes ou con distintos eventos que se celebran na cidade”.

“Ante a incapacidade do goberno local para paliar as deficencias do cadro de persoal da policía local, e con servizos nocturnos de difícil cobertura, cunha ou dúas patrullas para toda a cidade, e ante a conxelación das oposicións, dende Compromiso propoñemos a adhesión ao acordo entre Xunta e Fegamp, que permite ter acceso a lista de reserva de auxiliares, na que se pode incorporar persoal auxiliar por causas sobrevidas. O uso de auxiliares de policía local é unha medida que xa se emprega en 24 concellos de Galicia como medida para paliar o déficit de persoal en épocas de verán ou por causas sobrevidas”.

Comentarios
Lo más