El Corte Inglés recibe aos participantes da XXXI Concentración de Automóbiles Antigos e Traxes de Época
Todos os interesados poderán admirar, de 16 a 18 h. na fachada principal, unha trintena de automóbiles únicos e irrepetibles
Hoxe, día 28, El Corte Inglés Santiago recibe aos participantes na ‘XXXI Concentración de Automóbiles Antigos e Traxes de Época’, actividade que se enmarca dentro das Festas do Apóstolo 2018.
Todos os interesados poderán admirar, de 16 a 18 h. na fachada principal, unha trintena de automóbiles únicos e irrepetibles, representación da fascinante historia do século pasado, auténticas pezas de museo. A estimación de participación segundo a organización é de preto de 30 automóbiles e 70 persoas que participarán no Concurso de Traxes de Época.
Ás 18 h. iniciarán desde a Rúa Restollal, o desfile ata a Praza do Obradoiro para continuar co programa da concentración ás 19 h. co Concurso de Traxes e exhibición ante o Xurado, en Praterías, para rematar coa a segunda exposición da xornada na Praza do Obradoiro.
Nesta primeira xornada de concentración, os participantes unirán El Corte Inglés coa Praza do Obradoiro, percorrendo as principais rúas da cidade: Rosalía de Castro, Avda. Xoán Carlos I, Porta Faxeira, Rúa do Vilar serán as elixidas na ruta.