miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Condenan a un adestrador de Mos por abusos sexuais a unha menor

Condenan a un adestrador de Mos por abusos sexuais a unha menor
Condenan a un adestrador de Mos por abusos sexuais a unha menor

Os maxistrados consideran acreditado que a finais de xaneiro de 2016, cando o procesado tiña 37 anos, empezou a manter relacións sexuais consentidas coa menor, quen tiña 14 e acababa de empezar a xogar no equipo de fútbol que o procesado dirixía

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou ao ex adestrador dun equipo de fútbol feminino a 18 anos de cárcere como autor dun delito continuado de abusos sexuais con acceso carnal a menor de 16 anos e doutro delito continuado de elaboración de pornografía infantil sobre menor de 16 anos. O tribunal tamén lle impuxo a prohibición durante vinte anos de aproximarse á xogadora. 

Os maxistrados consideran acreditado que a finais de xaneiro de 2016, cando o procesado tiña 37 anos, empezou a manter relacións sexuais consentidas coa menor, quen tiña 14 e acababa de empezar a xogar no equipo de fútbol que o procesado dirixía. Os xuíces indican na sentenza que a menor accedeu a enviarlle en numerosas ocasións fotografías e vídeos dela espida e en actitude sexual.

A sala considérao ademáis culpable dun delito de exhibición de material pornográfico entre menores de idade, polo que o sentenciou a nove meses de cárcere e á prohibición de aproximarse a outra das xogadoras do equipo á que lle amosou un vídeo de contido sexual durante un ano.

A Audiencia tamén o condenou a sete anos de liberdade vixiada unha vez que salga de prisión. A medida consiste na prohibición de acudir a eventos, espectáculos públicos, privados ou deportivos, recintos ou acontecementos públicos ou deportivos destinados a menores de idade; a prohibición de levar a cabo actividades de carácter laboral, participativo, lúdico ou deportivo nas que interveñan menores; e a prohibición de aproximarse aos recintos nos que se estea levando a cabo tales espectáculos ou eventos a unha distancia inferior de 500 metros. Ademais, deberá someterse a un programa de educación sexual.

O acusado, que é reincidente, foi inhabilitado para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que supoña contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de prisión imposta.


Comentarios
Lo más