O PSdeG traslada o seu apoio ás vítimas do accidente do alvia e amosa o seu respaldo para que as investigacións abertas permitan esclarecer totalmente o ocorrido
06:30 25/07/18
06:30 25/07/18
O noso recordo, solidariedade e apoio”, recalcou Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou este martes a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario que tivo lugar na parroquia compostelá de Angrois nesta mesma data, hai cinco anos.
“O noso recordo, solidariedade e apoio”, recalcou Gonzalo Caballero, quen demandou tamén a posta en marcha de “todos os mecanismos” que sexan necesarios para garantir a seguridade ferroviaria.
A maiores, o líder dos socialistas galegos trasladou a posición do seu partido para que as investigacións abertas, tanto en sé xudicial como no ámbito parlamentario, permitan esclarecer as causas do ocorrido.