Compromiso reclámalle ao concello claridade sobre o futuro do Centro Sociocultural do Ensanche
Compromiso ve unha oportunidade para a reformulación do Plan parcial e darlle un uso social o vello Peleteiro e satisfacer as carencias de usos sociais de todo o Ensanche compostelán
Compromiso pídelle ao Concello claridade sobre o futuro do CSC do Ensanche, "xa que as últimas novas apuntan á apertura dun centro de día no local que agora ocupa o Centro Sociocultural". Dende a formación galeguista piden ao Concello que se pronuncie sobre cal vai ser o futuro do centro e o seu persoal traballador.
"Este Centro é usado por gran cantidade de usuarios e alberga o único rexistro auxiliar da cidade que, en caso de peche, obrigaría a desprazarse ao rexistro xeral de Galeras para calquera trámite administrativo". "A alternativa de traslado para o entrechán de Xeral Pardiñas, "antigo edificio dos sindicatos", queda desbotada ao aprobar a Xunta de Goberno municipal o seu uso para actividades socioculturais da área de lingua".
Compromiso ve unha oportunidade para a reformulación do Plan parcial e darlle un uso social o vello Peleteiro e satisfacer as carencias de usos sociais de todo o Ensanche compostelán.