Rexístrase un incendio en Marín que provocou danos materiais
Os feitos tiveron lugar no número 1 da Travesía República Argentina, ao fío das 9:30 horas
Un incendio declarado esta mañá nun piso en Marín provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou o mobiliario da cociña, a campá extractora e o teito. Ademais, o resto da vivenda se viu afectado polo fume.
Os feitos tiveron lugar no número 1 da Travesía República Argentina, ao fío das 9:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para informar do incendio.
Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia se pasaba o aviso á Policía Local, aos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra e a Protección Civil. Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia informou do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias por precaución.
Unha vez no lugar do incendio, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Morrazo e de Pontevedra sufocaron o lume e ventilaron a vivenda.