Un neno resulta ferido tras ser atropelado en Cangas
13:18 23/07/18
13:18 23/07/18
O 112 Galicia tivo constancia do atropelo a través da alerta dunha persoa particular ás 10:30 horas
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a un neno que resultou ferido ao ser atropelado en Cangas. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os feitos ocorreron na Avenida José María Castroviejo, á altura do número 5, na parroquia de Coiro.
O 112 Galicia tivo constancia do atropelo a través da alerta dunha persoa particular ás 10:30 horas.
Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061, da Policía Local, dos Bombeiros do Morrazo e de Protección Civil.