Centos de persoas desfrutan en Leira do XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais
Todo o evento foi organizado pola Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira (Ordes), organizadora do evento en colaboración co Concello de Ordes
Como cada ano a parroquia ordense de Leira, e máis concretamente o seu campo da feira, congregou a centos de persoas afeccionadas ao folclore, cultura e sons tradicionais. Todo grazas ao XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais, organizado pola Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira (Ordes), organizadora do evento en colaboración co Concello de Ordes.
Tras o gran xantar popular celebrado a mediodía nos arredores da capela de Santa Eufemia de Leira, gaitas, tambores e pandeiretas non deixaron de soar ata ben entrada a tardiña. O público non deixou de aplaudir cada actuación, recoñecemento brindado tanto aos músicos como aos integrantes dos corpos de baile. Entre os asistentes estiveron como representantes do Concello de Ordes Ana María Soneira Liñares Concelleira delegada de medio rural, medio ambiente, deportes e mocidade e Jose Manuel Mira Gómez Concelleiro delegado de cultura, festas, mantemento e servizos, quenes posteriormente entregaron unha placa a cada grupo como recordo deste día.
Este ano no dito encontro participaron as seguintes formacións: Agrupación Folclórica Inquedanzas (Tui, Pontevedra), Nosa Terra de Mos (Pontevedra), Sementes da Arte Galega (Beade), Arume (Beade), pandeireteiras A Volta do Demo (Beade, Vigo), Pinga de Troula (Frades), Sementes da Arte (Ordes) e a Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira (Ordes), organizadora do evento en colaboración co Concello de Ordes.