miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Grupo Municipal Popular reclama ao Goberno de Martiño Noriega unha urxente intervención en Meixonfrío

Os Grupo Municipal Popular reclama ao Goberno de Martiño Noriega unha urxente intervención en Meixonfrío
Os Grupo Municipal Popular reclama ao Goberno de Martiño Noriega unha urxente intervención en Meixonfrío

 Agustín Hernández mantivo un encontro cos veciños de este Barrio santiagués, onde puido ver como a maioría das vías están sen desbrozar, o que supón un grave perigo para os peón, sobre todo, para nenos e anciáns

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández,reclama ao Goberno de Martiño Noriega, que “despois de tres anos no cargo empece a arranxar as graves deficiencias que sofren algúns barrios de Santiago”. Hernández reclamou unha urxente intervención na zona de Meixonfrío, ode os veciños denuncian situacións como a falta de saneamento e unha mellora da seguridade viaria das súas rúas.

Agustín Hernández, acompañado da concelleira María Antón, mantivo esta semana unha reunión cos veciños do Meixonfrío, durante a que podo contemplar como a maioría das beiravías desta zona aínda non foron desbrozadas. “Esta situación fai que a maleza alcance alturas moi destacadas, o que dificulta a visibilidade tanto a peóns como a vehículos, o que supón unha grave fata de seguridade viaria na zona”.

Por outra banda, os Populares reiteran a súa solicitude de que se dote a esta zona dun saneamento en condicións, axustado ao século no que vivimos, sobre todo, tendo en conta que esta área compostelá está situada a pouco máis de 1.000 metros da Catedral.

Así mesmo, Hernández lembroulle ao Goberno de Compostela Aberta “que estamos xa no ano 2018, polo que resulta a todas luces incomprensible que uns veciños da capital de Galicia e que pagan impostos como todos, non poidan contar con servizos tan básicos como a auga da traída”.

Durante a visita, os veciños puideron explicarlle os problemas que lles causa a auga os días de moita chuvia, xa que ao non existir gabias ou a estar inutilizables as existentes esta entra nas propiedades con moita facilidade, causando graves inundacións e danos nas mesmas.

Comentarios
Lo más