miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Adxudicados tres proxectos dos Orzamentos Participativos "Compostela Decide" de 2017

Adxudicados tres proxectos dos Orzamentos Participativos "Compostela Decide" de 2017
Adxudicados tres proxectos dos Orzamentos Participativos "Compostela Decide" de 2017

A Xunta de Goberno adxudicou á empresa Joscon o contrato de execución das obras de accesibilidade en Fontiñas, ás que se destinarán case 60.000 euros

A Xunta de Goberno adxudicou tres dos proxectos que resultaron seleccionados no proceso de Orzamentos Participativos de Compostela Decide de 2017. Foron, en concreto, as obras de accesibilidade en Fontiñas e a modernización das instalacións de iluminación nos pavillóns deportivos de Vite e Fontiñas. As tres actuacións suporán un investimento total de case 120.000 euros.

A Xunta de Goberno adxudicou á empresa Joscon o contrato de execución das obras de accesibilidade en Fontiñas, ás que se destinarán case 60.000 euros. O proxecto aféctalle á rúa Dublín, e desenvolverase en dous tramos. No primeiro, próximo á rúa Londres, reducirase o ancho actual dos carrís de circulación, elevaranse os pasos de peóns, e melloraranse o pavimento e as beirarrúas. No segundo tramo, próximo á rúa de Costa do Vieiro, daráselle á calzada un trazado máis sinuoso para calmar o tráfico do pavillón deportivo, elevarase o paso de peóns, e melloraranse os pavimentos. Tamén está previsto que se reduza o límite da velocidade permitida a 30 quilómetros/hora.

Tamén a partir do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide de 2017, hoxe quedaron adxudicados cadanseu proxecto para modernizar as instalacións de iluminación nos pavillóns deportivos de Vite e Fontiñas. No primeiro deles investiranse algo máis de 21.000 euros, e no segundo preto de 19.000. As dúas actuacións correrán a cargo de Ferrovial.

Accesos ao Palacio de Congresos

A Xunta de Goberno tamén adxudicou hoxe as obras de rexeneración do pavimento da calzada nos viarios de acceso ao Palacio de Congresos e Exposicións. A actuación, que lle afecta ás rúas Miguel Ferro Caaveiro e Fernando Casas Novoa, custará algo máis de 180.000 euros, e será executada pola empresa Francisco Gómez y CIA.


As obras, cun prazo de execución de tres meses, permitirán renovar por completo o firme do viario. Tamén se acometerán reparacións puntuais nas beirarrúas e mellorarase a accesibilidade nos pasos de peóns existentes.

Comentarios
Lo más