Ames Novo irá as eleccións municipais de 2019 baixo o paraugas de En Marea
Así, dende Ames, súmanse a tecer rede para unir forzas e aproveitar sinerxias co resto de mareas do país que participan do mesmo espazo político
O pasado 4 de xuño na asamblea da Marea Municipalista Ames Novo, na que entre outras cuestións aprobouse o calendario de primarias que finalizou coa Elección de Quique Costas como candidato á Alcaldía do Concello de Ames, acordouse asinar o documento de colaboración con En Marea para concorrer baixo o paraugas que o partido instrumental ofrece ás mareas locais para as eleccións de 2019.
Así, dende Ames, súmanse a tecer rede para unir forzas e aproveitar sinerxias co resto de mareas do país que participan do mesmo espazo político. A partir do mes de setembro realizarase un acto público de sinatura entre ambas organizacións.