miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Critican a concesión da Escola Infantil de Meixonfrío á empresa Sermasa

Critican a concesión da Escola Infantil de Meixonfrío á empresa Sermasa
Critican a concesión da Escola Infantil de Meixonfrío á empresa Sermasa

A formación municipal Compromiso ven con moita preocupación que volvan as concesións a empresas inmersas en sumarios xudiciais

Dende Compromiso amosan a súa sorpresa ante o anuncio de adxudicación da escola infantil de Salgueiriños-Meixonfrio a Sermasa por un importe de 400.674 euros ata o 2020.

Dende a formación galeguista lembran que no ano 2012 cando estoupou a operación Pokémon a adxudicataria por aquel enton da escola infantil de Salgueiriños-Meixonfrio era Sermasa que nas escoitas da operación Pokémon quedaban reflexados os contratos a dedo de persoal para pagar vontades políticas incluso contratando persoal sin a titulación precisa para ocupar os distintos postos de emprego en dita escola.

A formación municipal Compromiso ven con moita preocupación que volvan as concesións a empresas inmersas en sumarios xudiciais e pídenlle o goberno municipal que non faga voltar a Santiago a unha das épocas máis escuras politicamente.

Comentarios
Lo más