miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cinco convidados de primeiro nivel no campus de baloncesto que se celebrará en Ribeira

Cinco convidados de primeiro nivel no campus de baloncesto que se celebrará en Ribeira
Cinco convidados de primeiro nivel no campus de baloncesto que se celebrará en Ribeira

A actividade está orientada a nenos e nenas nadas do 2000 ao 2010

Do 29 de xullo ao 5 de agosto, o municipio riveirense vai dar acollida ao Campus de Baloncesto Tiro Libre e para dar a coñecer os seus detalles estiveron hoxe no Concello dous membros da súa organización: Gonzalo Rodríguez e Pío Furelos, ambos moi vinculados á nosa localidade dende fai anos.

Os dous estiveron acompañados de Anxo Orellán, concelleiro de Xuventude e Deportes, dado que este evento contará con colaboración do Concello ao celebrarse no Centro Alcalde Torres Colomer (en Palmeira) e no complexo da Fieiteira.

A actividade está orientada a nenos e nenas nadas do 2000 ao 2010 e busca non só a tecnificación deportiva dos asistentes senón tamén captar a rapaces e rapazas que aínda que practicantes deste xogo non están federados. O campus contará coa presenza de cinco convidados de luxo como son Xabi Rebasenda (do Herbalife Gran Canaria), Cuco Rodríguez (do Real Betis Energía Plus), Alberto Díaz (do Unicaja de Málaga), Blanca Millán (da Universidade de Maine) e Pepe Pozas (do Monbús Obradoiro).

Ademais os asistentes teñen programadas unha serie de visitas a distintos lugares turísticos da comarca.

As inscricións estarán abertas ata mañá venres e os interesados poden formalizalas a través da páxina web https://www.campustirolibrescq.com/.

Comentarios
Lo más