miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Concellos do Val do Ulla convocan una nova edición do programa Galeuropa

Os Concellos do Val do Ulla convocan una nova edición do programa Galeuropa
Os Concellos do Val do Ulla convocan una nova edición do programa Galeuropa

Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces ofertan 20 prazas para facer prácticas en empresas de Cork, Sicilia e Malta

Os Concellos do Val do Ulla –Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces- veñen de publicar a convocatoria dunha edición do programa de mobilidade xuvenil Galeuropa. Dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos, ten como principal obxectivo reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ofrécense un total de 20 prazas; máis concretamente, as mobilidades ofertadas levarán ás persoas seleccionadas a Cork (Irlanda, con 8 prazas), Italia (Sicilia, con 6) e Malta (6 prazas). Ditas prácticas en empresas deberanse realizar entre o 31 de agosto e o 30 de novembro. Ademais das propias prácticas e o seu seguemento, o programa Galeuropa cubre a manutención, viaxe, seguro, aloxamento e preparación lingüística das persoas mozas que participen.

O prazo establecido para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación da convocatoria nas webs municipais dos tres Concellos do Val do Ulla. As bases completas e a instancia a cubrir pódense consultar e descargar en www.boqueixon.com .

As persoas aspirantes ao programa Galeuropa 2018 terán que presentar por Rexistro de entrada no Concello de Boqueixón a instancia (ficha de inscrición coa documentación requirida adxunta: copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículo europeo en galego e en inglés, xustificante de ser vítima de violencia de xénero ou persoa en risco de exclusión social; ou por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, (neste caso, os/as aspirantes deberán comunicalo mediante e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias).

Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto a través do e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com ou dos teléfonos 981 5131 115, 986 582 017 ou 669 450 801.

Comentarios
Lo más