Leira celebrará este domingo o XXVI Encontro de Grupos de Danza Rexionais
10:12 19/07/18
10:12 19/07/18
Participarán oito grupos das provincias da Coruña e Pontevedra
O próximo domingo, 22 de xullo, terá lugar no campo da feira de Leira o XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais. Como cada ano ao mediodía haberá comida campestre para todas e todos os participantes, tenfo lugar o espectáculo propiamente dito dende as 18 ata as 20 horas apróximadamente.
Unha cita á que este ano acudirán as seguintes formacións: Agrupación Folclórica Inquedanzas (Tui), Nosa Terra de Mos (Pontevedra), Sementes de Arte Galega (Beade), Arume (Beade), pandeireteiras A Volta do Demo (Beade), Pinga de Troula (Frades), Sementes da Arte (Ordes) e a Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira (Ordes), organizadora do evento en colaboración co Concello de Ordes.