miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Recepción aos catro equipos base do Atlético Riveira

Recepción aos catro equipos base do Atlético Riveira
Recepción aos catro equipos base do Atlético Riveira

A entidade vén de celebrar o 50 aniversario da súa fundación

A praza do Concello de Ribeira acolleu un acto multitudinario para recibir aos catro equipos do Atlético Riveira que veñen de gañar nas súas respectivas ligas no que é en palabras dos seus directivos o mellor momento da historia do club nas súas categorías base, un club que xustamente vén de celebrar o 50 aniversario da súa fundación.

Así, os xogadores dos equipos benxamíns A e B, infantís A e xuvenís puideron levantar as respectivas copas que os acreditan como campións ligueiros, co mérito engadido no caso dos dous últimos planteis de ascender á Liga Galega.

Comentarios
Lo más