miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cidadáns reclama mellora no barrio de Fontiñas

Cidadáns reclama mellora no barrio de Fontiñas
Cidadáns reclama mellora no barrio de Fontiñas

“Varios veciños acudiron a nós para facerse eco do deterioro e abandono que sofre a zona, e denunciar a nula atención que lles presta o Sr. Martiño a pesar das súas continuas queixas"

Cidadáns presentou un escrito ao Concello de Santiago de Compostela para solicitar a urxente reparación de diversas beirarrúas e mobiliario no barrio de Fontiñas. “Varios veciños acudiron a nós para facerse eco do deterioro e abandono que sofre a zona, e denunciar a nula atención que lles presta o Sr. Martiño a pesar das súas continuas queixas”, “mostráronnos o seu malestar polo lamentable estado no que se atopan as beirarrúas e o mobiliario urbano das rúas, notificando incluso a existencia dun bloque de pedra con risco de caída á altura do número 10 da Rúa Berna” denunciou María Vilas, coordiandora de Cs en Santiago quen salientou que “non se pode pasar por alto o mal estado no que se atopa este barrio do centro urbano”.

“Percorremos as rúas do barrio da man dalgúns veciños que nos ensinaron varios danos que poñen en perigo aos viandantes, como o bloque de pedra solto con perigo de derrube na rúa Berna ou as baldosas rotas que hai nas beirarrúas das rúas Estocolmo e Roma que poden provocar que un peón tropece e teña un accidente” concluíu a coordinadora.

Comentarios
Lo más