Quique Fraga, novo director deportivo do CB Breogán
O novo director deportivo xa desempeñou nas últimas tempadas varias funcións na área técnica como adestrador axudante, responsable de scouting e mesmo primeiro adestrador no tramo final da tempada 2015/2016
O presidente do club presentou a nova función dun home da casa. Enrique Fernández Fraga pasa a dirixir a área deportiva do CB Breogán na que traballará cóbado con cóbado co adestrador Natxo Lezkano e o resto do persoal técnico.
O novo director deportivo xa desempeñou nas últimas tempadas varias funcións na área técnica como adestrador axudante, responsable de scouting e mesmo primeiro adestrador no tramo final da tempada 2015/2016.
O club aposta así por confiar polo persoal que traballou para levar o equipo ao ascenso para encarar unha nova e ilusionante etapa en Liga Endesa.
O traballo de Quique Fraga e o seu equipo céntrase en pechar as incorporacións que formen o plantel co que o Cafés Candelas Breogán competirá na campaña 2018/2019.