miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Quico Cadaval e Francisco Lorenzo a título póstumo, percebeiros de honra na vixésimo primeira Festa do Percebe de Aguiño

Quico Cadaval e Francisco Lorenzo a título póstumo, percebeiros de honra na vixésimo primeira Festa do Percebe de Aguiño
Quico Cadaval e Francisco Lorenzo a título póstumo, percebeiros de honra na vixésimo primeira Festa do Percebe de Aguiño

Como prolegómeno haberá unha regata feminina de traíñas

O artista Quico Cadaval e o párroco Francisco Lorenzo Mariño a título póstumo serán os percebeiros de honra na 21ª edición da Festa do Percebe de Aguiño: unha cita gastronómica que conserva a súa tradicional data e celebrarase o vindeiro 29 de xullo baixo a organización da Confraría de Pescadores e Mariscadores da localidade.

O patrón maior de Aguiño José Antonio Santamaría, o alcalde Manuel Ruiz, a concelleira Esther Patiño e Jesús Silva como presidente do Club de Remo Náutico de Riveira foron os encargados de presentar o evento que terá unha notoria novidade: a celebración previa dunha regata incluída na Liga Galega de Traíñas en categoría feminina baixo o título I Bandeira Festa do Percebe de Aguiño.

Esta competición náutica terá lugar ás 11 horas en tanto que a entrega dos percebeiros de honra acontecerá a continuación, en torno ás 11.30 horas aproximadamente. As doce do mediodía da comezo a festa en si. Servirase unha tonelada deste crustáceo en pratos de cerámica de Buño e as racións, segundo avanzou Santamaría, serán máis abundantes que nas edicións anteriores ata rondar os 300 gramos. O seu custe, 15 euros.

A festa estará amenizada pola Banda de Música de Llerena (Badaxoz) e tamén haberá coma sempre empanadas e bebidas varias. Tanto o alcalde como o patrón maior destacaron a inmellorable calidade do percebe que veciños e visitantes van poder degustar.

Tocante á regata, competirán rapazas pertencentes a cinco tripulacións: Club de Remo Náutico de Riveira, Cabo-Puebla, Mugardos, Perillo e Vilaxoán. Desenvolveranse dende Aguiño en dirección Sálvora e o mellor punto para contemplar a cita é á altura da antiga depuradora de mexillón.

Comentarios
Lo más