Gonzalo Caballero destaca o "Compromiso con Galicia" de Pedro Sánchez
Gonzalo Caballero contrapuxo o “avance” que ten dado Pedro Sánchez aos asuntos máis relevantes para Galicia co “tempo perdido” con Mariano Rajoy á fronte do goberno de España
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este martes o “compromiso con Galicia” amosado polo presidente do goberno, Pedro Sánchez, tras anos de “desprezos” de Mariano Rajoy que contaron co “silencio cómplice” de Feijóo.
Así o dixo o líder dos socialistas galegos ao termo do encontro de Pedro Sánchez con Feijóo, e valorou que o presidente do goberno ratificase que o AVE chegará a Galicia nos prazos previstos e que amosase a súa sensibilidade, por exemplo, cos afectados pola explosión de Tui.
A maiores, Gonzalo Caballero contrapuxo o “avance” que ten dado Pedro Sánchez aos asuntos máis relevantes para Galicia co “tempo perdido” con Mariano Rajoy á fronte do goberno de España, cando, por exemplo, “quedaron sen executar máis de 2.000 millóns de euros” que estaban consignados para Galicia nos orzamentos.