miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentación do libro de fotografía "Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno"

Presentación do libro de fotografía "Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno"
Presentación do libro de fotografía "Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno"

A presentación terá lugar as 11:00 horas na Sala de usos múltiples do Colexio de Fonseca

O libro Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno naceu co propósito de ser un símbolo que xunte a unha xeración de buscadores da beleza do firmamento e dar testemuña da concentración de talento existente en Galicia neste ámbito. A USC edita esta obra en formato dixital, cuxo contido presentarase en rolda de prensa hoxe mércores 18 nun acto no que intervirán a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o co coordinador da obra, o profesor Jorge Mira Pérez; o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés, e unha representacións dos co autores/as das fotografías presentadas.

A presentación aos medios de comunicación comezará ás 11.00 horas na Sala de usos múltiples do Colexio de Fonseca (antiga Sala de Prensa). O volume reúnen 94 imaxes de nove fotógrafos e fotógrafas: Óscar Blanco, Ana García, Daniel Llamas, Daniel Lois, Alfredo Madrigal, Pablo M. Alemparte, Fernando Rey, Ángel R. Arós e Alba Rodríguez. Coordinan o libros os profesores do Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira e Salvador Bará.

Comentarios
Lo más