miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Real Filharmonía de Galicia presenta hoxe mércores o concerto que ofrecerá con Sumrrá na Praza da Quintana este xoves

O concerto será gratuíto, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal (en horario de 18 a 21 h) para os que queiran seguilo dende as cadeiras

A Real Filharmonía de Galicia presenta hoxe mércores o concerto que ofrecerá este xoves, 19 de xullo, na compostelá Praza da Quintana co grupo de jazz Sumrrá, no marco das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. No acto estarán, ademais dos membros do grupo, a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Branca Novoneyra; o director titular da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, que levará a batuta do concerto; e a directora técnica da orquestra, Sabela García Fonte.

Será a estrea absoluta do proxecto “Sumrrá sinfónico”. O concerto será gratuíto, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal (en horario de 18 a 21 h) para os que queiran seguilo dende as cadeiras. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Galicia.

Con 18 anos de traxectoria e seis discos editados, Sumrrá está considerado como un dos novos referentes do jazz contemporáneo, levando ata os seus límites a exploración e composición do formato piano trío de jazz.

Comentarios
Lo más