"O Goberno de Martiño Noriega bate un récord negativo"
Os Populares consideran que "co Goberno de Compostela Aberta resulta imposible cobrar a tempo"
"Desde que chegou á alcaldía de Santiago, o Grupo de Compostela Aberta incumpriu o compromiso de Pago Medio Provedores (PMP) en 19 ocasións, todo isto sen contar os dous meses nos que non llo comunicaron ao Ministerio de Facenda e, polo tanto, non se coñecen datos do mesmo", afirma o Grupo Municipal Popular.
"Nos meses de abril e maio deste mesmo ano, que se acaban de publicar, o Goberno de Martiño Noriega foi un paso máis alá e, non só incumpriu o pago a provedores, senón que acadou os peores datos da historia do Concello desde que existe o sistema de cómputo de PMP, duplicando o retraso no pago a provedores, pasando de 61,16 a 65,89 días, cabe lembrar que o prazo máximo legal é de máximo de 30 días".
Os Populares consideran que "co Goberno de Compostela Aberta resulta imposible cobrar a tempo, a pesar de que o novo sistema de cálculo que aprobou o Ministerio fai máis difícil incumprir o PMP, pero parece que, para o Grupo de Goberno, no tema de xestionar mal, nada é imposible".
O Grupo que dirixe Agustín Hernández destacou que no apartado da liquidación, Compostela Aberta "volve a mostrar o xa denunciado en anteriores ocasións, ineficacia ou inutilidade para gobernar, xa que, desde o ano 2008, nunca se aprobaran as contas do Concello tan tarde, o que demostra unha total incapacidade para xestionar".
"A finais do 2017, o Goberno de Martiño Noriega contaba en caixa con 25 millóns de euros, pero decidiu deixar sen aboar a provedores 13,4 M, cantidade que ascende a 22 millóns, se contamos outros gastos. No ano 2017, o Goberno de Martiño Noriega deixou sen executar en camiños veciñais o 70% do orzamento; en promoción cultural só foron quen de gastar 146.000 €; en comedores escolares só empregaron 25.000 € e en servizos sociais, deixaron sen executar 1,4 millóns de euros".