miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso reclama ao Concello unha solución habitacional para as vítimas de Violencia de Xénero

Compromiso reclama ao Concello unha solución habitacional para as vítimas de Violencia de Xénero
Compromiso reclama ao Concello unha solución habitacional para as vítimas de Violencia de Xénero

Consideran que é un servizo que urxe poñer en marcha

Compromiso propón que o Centro Integral da Muller de San Lourenzo pase a ser xestionado dende o Concello. O que fora un centro pioneiro en Galicia, ao dar solucións habitacionais, entre outros servizos, dende o ano 1995 até o 2007, a día de hoxe é un centro de día no que se levan acabo distintas terapias e actividades, pero sen resposta residencial.

Dende a formación galeguista acollen a denuncia realizada a semana pasada polo Sindicato Nacional de Policia (SUP), que pon de manifesto a situación pola que teñen que pasar as vítimas de violencia de xénero en Santiago: ir a denunciar e ter que pasar horas na comisaría mentres se tramita o seu ingreso nunha casa de acollida. A dirección local Compromiso entende que “se o Centro de Recuperación Integral da Muller recuperara o seu servizo habitacional, as mulleres denunciantes terían un lugar no estar mentres se tramita o seu ingreso nunha casa de acollida”.

Dende a formación galeguista apuntan que “despois dunha demora de sete anos, do 2007 ata 2015, a cesión do edificio pasou á Concellería de Benestar Social a principios de 2015, pero non como casa de acollida, xa que abre como centro de día e non ten acollida nocturna”. Os datos, dende principios de 2015 até maio de 2015, son de 34 mulleres atendidas por violencia de xénero e 46 menores de idade. Para o período 2016 ao 2018 non se facilitan datos, pero non existe un itinerario real para que as víctimas refagan a súas vidas, e máis incluso teñen que abandonar a súa cidade ao non existir un servizo de axuda e inserción integral. Compromiso propón recuperar a xestión por parte do Concello, dando un servizo integral con residencia as 24 horas para as vítimas e menores ao seu cargo, asistencia sicolóxica e xurídica gratuíta, protocolos de proteccion as 24 horas, nos casos que a precisen, un itinerario de integración laboral e vital e axuda económica de contía igual á renda básica municipal de 530€ a 760€, dependendo dos menores o cargo.

Comentarios
Lo más