miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

¿Cales son os criterios que segue o Concello para outorgar ou denegar as conexións á rede eléctrica municipal?

¿Cales son os criterios que segue o Concello para outorgar ou denegar as conexións á rede eléctrica municipal?
¿Cales son os criterios que segue o Concello para outorgar ou denegar as conexións á rede eléctrica municipal?

Os Populares aseguran que "chama a atención os resultados dispares que se teñen dado nalgúns casos"

O Grupo Municipal Popular solicitará no Pleno deste xoves información sobre cantas resolucións de solicitudes de conexión á rede eléctrica municipal se teñen tramitado nos últimos tres anos e o número de autorizacións e denegación e cales foron os motivos que xustificaron o diferente resultado.

Os Populares aseguran que "chama a atención os resultados dispares que se teñen dado nalgúns casos, despois da análise de distintos decretos nos que se resolven solicitudes de conexión eléctrica á rede de distribución municipal de colectivos e entidades para a celebración de actos en espazos públicos, xa que para uns outórgase a concesión sen limitacións e noutros a denegación sen paliativos".

Afirman que "nuns casos, a denegación vai acompañada dun informe de técnico municipal de marzo de 2014 que fundamenta a resolución indicando, entre outras cuestións, que as empresas subministradoras son as únicas que poden autoriza-lo conexionado das instalacións ás redes de enerxía e que das redes de iluminación pública e dos seus accesorios (centros de mando, caixas de derivación, etc) non se pode nin se debe dar ningún tipo de servizo de enerxía a instalación ningunha", polo que o informe sinala que o Concello “non debe autoriza-lo enganche ás instalacións do alumado público municipal de ningún tipo de receptor ou instalación que non pertenza ao dito alumeado”.

Sen embargo, "noutros casos, a autorización omite o referido informe técnico municipal e, amparándose na competencia do concelleiro responsable para resolver concédese a posibilidade de conexión eléctrica á rede municipal sen especificar ningún impedimento a este respecto". 

O Grupo que dirixe Agustín Hernández cree necesaria unha explicación, co fin de que os veciños poidan saber a que atenerse.

Comentarios
Lo más