O PSdeG da comarca de Compostela amosa o seu rexeitamento á planta de residuos de Casalonga
Os representantes da plataforma dénrolle toda a información necesaria das pretensións da empresa Toysal no concello de Teo
O pasado sábado, 14 de xullo, varios representantes socialistas da comarca de Compostela mantiveron un encontro coa directiva da Platafora Casalonga Libre de Residuos.
Uxía Lemus, concelleira de Teo, estivo acompañada por varios representantes do PSdeG dos concellos de Ames, Rois, Val do Dubra, Oroso, Pontecesures, Santa Comba, Vedra e Negreira; o alcalde de Brión, José Luis García; o deputado provincial Antón Leira; o voceiro no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o eurodiputado José Blanco.
Os representantes da plataforma dénrolle toda a información necesaria das pretensións da empresa Toysal no concello de Teo. Os socialistas amosaron o seu rexeitamento a esta instalación e ofreceron a súa colaboración en cada unha das diferentes institucións para impedir os plans de Toysal.
A concelleira Uxía Lemus amosou a súa satisfacción polo apoio recibido do PSdeG sobre o problema da planta de residuos que xa non pon en perigo a Teo senón aos concellos de arredor e incluso a Santiago de Compostela.