Situación intermedia nun verán moi galego
06:30 16/07/18
06:30 16/07/18
Deste xeito o ceo estará pola mañá moi anubrado, con posibilidade dalgunha chuvia feble e ocasional
Galicia continuará nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con ventos de oeste que achegarán moita humidade.
Deste xeito o ceo estará pola mañá moi anubrado, con posibilidade dalgunha chuvia feble e ocasional; xa pola tarde se abrirán máis claros.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos, continuando en valores baixos para a época do ano.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con algún intervalo de moderado no litoral de Lugo.
A temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 23ºC