miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Oficina de Voluntariado de Ames pecha un curso de éxito con 60 voluntarios que participaron activamente

A Oficina de Voluntariado de Ames pecha un curso de éxito con 60 voluntarios que participaron activamente
A Oficina de Voluntariado de Ames pecha un curso de éxito con 60 voluntarios que participaron activamente

Calcúlase que o número de persoas que participaron nas actividades directamente foi de arredor de 280, mentres que os beneficiarios indirectos ascende a 600 usuarios

O Concello de Ames conta cunha oficina municipal de voluntariado que desenvolve ao longo do ano programas de acción social, de atención socioeducativa, así como outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Durante o curso 2017-2018, uns 60 voluntarios e voluntarias colaboraron activamente coa Oficina municipal de voluntariado nas diferentes accións voluntarias desenvolvidas. Todas as actividades estiveron dirixidas e supervisadas polo coordinador da OVA.

Ames articula o traballo da súa oficina de voluntariado arredor de tres eixos principalmente: programas de acción social; de atención socioeducativa; e outros programas de acción voluntaria e sociocomunitarios. Deste xeito, dentro do apartado de programas de acción social, desenvolvéronse actividades de acompañamento a persoas maiores ou persoas con discapacidade, de apoio e acompañamento no transporte adaptado municipal, e de acompañamento puntual en centros sanitarios.

A concelleira de Voluntariado, Isabel González, destacou “estamos moi satisfeitos co traballo realizado polos nosos voluntarios e mantendo esta posición de referencia no tocante ao servizo de voluntariado dentro do territorio galego. Seguiremos apoiando e fomentando todo tipo de accións voluntarias encamiñadas a mellorar a vida cotiá da nosa veciñanza. Aproveito unha vez máis para agradecer o traballo desinteresado de todos os nosos voluntarios que fan unha labor impagable e animo a todos a informarse sobre este mundo”.

Comentarios
Lo más