miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido un home tras incendiarse a lancha na que estaba navengado

Ferido un home tras incendiarse a lancha na que estaba navengado
Ferido un home tras incendiarse a lancha na que estaba navengado

Ao fío das 18:30 horas desta tarde, os Bombeiros de Boiro comunicaban ao 112 Galicia a súa saída a Cabo de Cruz por mor dunha lancha ardendo

Unha persoa resultou ferida con queimaduras tras incendiarse unha lancha no interior dun baixo.

Ao fío das 18:30 horas desta tarde, os Bombeiros de Boiro comunicaban ao 112 Galicia a súa saída a Cabo de Cruz por mor dunha lancha ardendo. Ao mesmo tempo, unha persoa particular alertaba ao 112 dun incendio nun edificio deshabitado en Cabo de Cruz, na parroquia de Castro.

Con estes datos, dende o CIAE pásase o aviso aos efectivos de Protección Civil de Boiro, que xa se atopaban no lugar. Indicaron que se trataba dunha lancha ardendo no interior dun baixo e que, ademais, había unha persoa ferida con queimaduras. Tras dar conta dos feitos ao persoal do 061-Urxencias Sanitarias, decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomou terra moi preto do lugar dos feitos.

Os xestores do CIAE informaron do suceso á Garda Civil e á Policía Local. Así mesmo, foron alertados os Bombeiros de Ribeira, aínda que non foi precisa a súa intervención.

Os membros de extinción de Boiro confirmaron ao 112 Galicia o traslado dunha persoa con queimaduras e a extinción do lume na súa totalidade. Había dúas lanchas no interior do local pero só unha resultou calcinada, a outra unicamente se viu afectada polo fume. 

Comentarios
Lo más