miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un home nunha praia de Arteixo

Falece un home nunha praia de Arteixo
Falece un home nunha praia de Arteixo

Un particular foi quen, sobre as 17:15 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Alertaba dunha persoa inconsciente na auga

Un home faleceu esta tarde mentres se bañaba nunha praia de Arteixo.

Un particular foi quen, sobre as 17:15 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Alertaba dunha persoa inconsciente na auga. Tras pasar o aviso a Salvamento Marítimo e aos servizos sanitarios de urxencia, o mesmo alertante indicaba que outros bañistas conseguiran rescatar á persoa da auga. Tíñano en terra, no propio embarcadoiro do Porto.

Ata o lugar, tras ser requiridos polo persoal do 112 Galicia, achegáronse os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo. O Servizo de GardaCostas de Galicia tamén foi informado do suceso polo 112 Galicia.

Maila que os servizos de emerxencia se desprazaron ao lugar, nada mais recibir a alerta, os facultativos só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Comentarios
Lo más