O reitor informa dos acordos do Consello de Goberno da USC
06:30 11/07/18
06:30 11/07/18
O reitor ofrecerá hoxe, mércores 11, unha rolda de prensa na que estará acompañado dos vicerreitores de Investigación e Innovación e de Profesorado
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este martes en sesión ordinaria para tratar, entre outros, asuntos relacionados coa convocatoria de axudas xerais á investigación da USC, prazas de profesorado e nomeamentos de profesores eméritos.
Para dar conta destes e doutros acordos, o reitor ofrecerá hoxe, mércores 11, unha rolda de prensa na que estará acompañado dos vicerreitores de Investigación e Innovación e de Profesorado, Vicente Pérez Muñuzuri e Ernesto González, respectivamente. O encontro cos medios será ás 11.45 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.