Resulta ferida unha condutora tras bater co seu vehículo contra varias árbores en Lousame
Foi a propia implicada no accidente quen contactou co 112 Galicia ás 6:45 horas desta madrugada para pedir axuda debido a que tiña as portas bloqueadas e sufría diversas lesións
Unha condutora tivo dificultades para saír do seu vehículo despois de bater contra varias árbores cando circulaba pola estrada de Boiro á Cima Redondo, ao paso polo concello coruñés de Lousame.
Foi a propia implicada no accidente quen contactou co 112 Galicia ás 6:45 horas desta madrugada para pedir axuda debido a que tiña as portas bloqueadas e sufría diversas lesións. Deste xeito, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais sanitarios e dos Bombeiros de Boiro, que, cando chegaron ao lugar do sinistro, a muller atopábase xa fóra do turismo. Segundo sinalaron, foi un familiar quen ante a chamada da alerta da ferida acudiu a socorrela.
Non obstante, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro puideron comprobar que o vehículo saíuse da vía e foi chocando contra varias árbores ata a súa detención definitiva. Así, as portas do turismo quedaron bastante danadas, o que impedía á muller poder saír.
Bate contra unha casa en Cuntis
Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia doutro sinistro en Cuntis, no que unha persoa resultou ferida tras chocar contra unha casa co seu turismo. Sucedeu ás 21:20 horas de onte no Lugar de Guldrigáns, á altura do número cinco.
Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu lesións de diversa consideración, polo que foi evacuado por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital Domínguez de Pontevedra.