miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Afundación presenta o seu estudo "A Economía Galega. Informe 2017"

Afundación presenta o seu estudo "A Economía Galega. Informe 2017"
Afundación presenta o seu estudo "A Economía Galega. Informe 2017"

Abórdanse os principais fitos e desafíos económicos do pasado ano 2017 e avanza o comportamento dos primeiros meses do exercicio 2018

Afundación presentará, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE), hoxe martes 10 de xullo ás 11.00 h, na súa Sede de Santiago de Compostela, o resumo executivo da súa publicación A Economía Galega. Informe 2017. Na presentación estarán Pedro Otero, director xerente de Afundación; Manuel Ferro Novoa, CDO (Chief Data Officer) de ABANCA e investigador asociado de IESIDE; e o director do IDEGA da USC Alberto Meixide, coordinador do estudo.

  • Preséntase nesta edición unha proposta do informe socioeconómico galego de referencia no formato de resumo executivo da publicación periódica decana de Afundación. Por tanto, de forma sintética, abórdanse os principais fitos e desafíos económicos do pasado ano 2017 e avanza o comportamento dos primeiros meses do exercicio 2018. A análise de A Economía Galega verase ampliado coa publicación habitual en formato electrónico que se editará en breve.

Comentarios
Lo más