O Concello de Oroso celebrou a cuarta edición do Festival de Bandas
Nesta edición fixeron unha homenaxe á Banda de Música de Ordes
O Concello de Oroso celebrou onte a cuarta edición do seu Festival de Bandas, que incluiu unha homenaxe á Banda de Música de Ordes, composta por numerosos músicos de Oroso. Unha celebración aberta a toda a veciñanza na igrexa e no campo da festa da parroquia de Senra, organizada polo Concello de Oroso en colaboración coa Asociación de Veciños de Senra e a Deputación da Coruña.
O acto estivo presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, á fronte da corporación municipal. Os actos de homenaxe aos músicos orosáns que forman ou formaron parte da Banda de Ordes foron no palco da música de Senra e deron paso a un xantar de confraternidade.
Tamén se fixo mención especial a Manuel Concheiro, fundador e presidente de honra da Banda e da Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes. Tras o xantar, ás 17:00 horas celebrouse o Festival de Bandas coas actuacións das bandas de música de Arca e de Ordes. O trío Alborada puxo o punto e final aos festexos cunha verbena.