miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Solicitan a Compostela Aberta unha mellora na iluminación do parque do Pozo da Neve en Meixonfrío

Solicitan a Compostela Aberta unha mellora na iluminación do parque do Pozo da Neve en Meixonfrío
Solicitan a Compostela Aberta unha mellora na iluminación do parque do Pozo da Neve en Meixonfrío

Está ubicado na parroquia de San Caetano, á beira da estrada N-550 e foi construído polo ano 2006 coincidindo coa ampliación e mellora da estrada que comunica coa Coruña

O Grupo Municipal Popular solicitará no vindeiro Pleno ao Goberno de Compostela Aberta que estude a posibilidade de instalar algúns puntos de luz que permitan alongar a estancia das persoas usuarias e mellorar a percepción de seguridade no parque público do Pozo da Neve, en Meixonfrío. Así mesmo, os Populares consideran que se debería colocar un panel informativo sobre a historia deste enclave nun lugar visible.

“Este espazo, no que se atopa unha área recreativa, carece dun dos elementos primordiais nunha contorna urbana como é a iluminación pública, unha eiva que limita o uso en boa parte do ano e que reduce tamén a sensación de seguridade nese lugar elevado e con árbores, a onde non chegan os efectos da iluminación viaria próxima, tal e como nos teñen referido os veciños". 

Está ubicado na parroquia de San Caetano, á beira da estrada N-550 e foi construído polo ano 2006 coincidindo coa ampliación e mellora da estrada que comunica coa Coruña. A súa área conta cunha superficie duns 4.500 m2 e vén a ocupar un outeiro no que se asentou un vello castro e onde, dende tempo inmemorial, nun pozo construído entre rochas se conservaba de forma natural o xeo, tal e como testemuña o topónimo que aínda perdura.

"Cabe sinalar que a rede de espazos verdes da cidade foise mellorando co paso dos anos, incorporando elementos que reforzan o seu valor como lugares saudables e de socialización da súa contorna, atendendo ás diferentes necesidades da poboación. Entres os elementos destacan os de mobiliario público, áreas de xogo, xardinería e iluminación, presentes na maior parte dos parques santiagueses",

Comentarios
Lo más