miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O sector odontolóxico galego reúnese esta fin de semana no Congreso de Actualización Clínica en Odontoloxía que ten lugar en Noia

O sector odontolóxico galego reúnese esta fin de semana no Congreso de Actualización Clínica en Odontoloxía que ten lugar en Noia
O sector odontolóxico galego reúnese esta fin de semana no Congreso de Actualización Clínica en Odontoloxía que ten lugar en Noia

Os profesionais fan un chamamento a regular a publicidade enganosa para evitar en Galicia casos como o da cadea iDental, así como a regular o número de estudantes na Universidade

O Coliseo Noela acolle ata mañá sábado o II Congreso de Actualización Clínica en Odontoloxía, que reúne a máis de 200 profesionais en Noia e que foi inaugurado hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, quen estivo acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e polo presidente do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos, Alejandro López Quiroga.

Un simposio do que López Quiroga destacou que “la actualización y la formación continua deberían ser obligatorios y por eso celebramos este congreso en Noia”. Un punto no que coincidiu o presidente do Congreso, Benjamín Martín Biedma, quen salientou que “el nivel de las conferencias está siendo altísimo”. Un feito aplaudido polo conselleiro de Sanidade, quen agradeceu “o interese que amosan os profesionais por avanzar e facer ben o traballo, o que permitirá un mellor nivel de saúde para os nosos cidadáns”.

Finalmente, o alcalde noiés amosou o seu interese “por que estes días sexan do máximo aproveitamento profesional e tamén para coñecer unha vila como Noia, que este ano celebra o 850 aniversario da súa carta fundacional”. Así mesmo, aproveitou para ofrecer a vila como sede de vindeiras edicións deste congreso e doutros que se poidan celebrar no municipio. 

SITUACIÓN DO SECTOR

O presidente do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos aproveitou o acto para chamar a atención sobre algúns dos problemas da profesión, comezando polo que considera un exceso de profesionais “pues casi triplicamos la media recomendada por la Organización Mundial de la Salud. Sin números clausos no se a dónde vamos a llegar”. López Quiroga insistiu en que “el exceso de dentistas no es aumentar la competencia, sino la incompetencia”.

Así mesmo, fixo referencia ao caso do peche das 25 clínicas odontolóxicas de iDental en toda España, deixando a milleiros de pacientes con tratamentos sen finalizar e, en moitos casos, xa pagados. “No es el primer caso y no será el último. Hay que regular la publicidad sanitaria porque la publicidad engañosa suele cebarse en las clases más bajas”, afirmou o presidente do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos.

Unha preocupación que compartiu o conselleiro de Sanidade quen indicou: “a publicidade sanitaria é unha preocupación e se está traballando no Parlamento co colectivo para facer unha normativa que deixe fóra ou restrinxa que xente sen escrúpulos poida estar nesta actividade”.

O conselleiro lembrou a importancia dos odontólogos e estomatólogos pois “os problemas bucais, nalgúns casos, menoscaban a calidade de vida dos pacientes porque prolongan estados de dor e sufrimento. O coidado da boca e a atención odontolóxica son elementos na prevención de enfermidades bucais, pero tamén cardiovasculares, hematolóxicas, alteracións nutricionais ou a propagación da diabetes, sen olvidar a parte estética”.

REAL ACADEMIA

Finalmente, o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, salientou que “hoy está representada aquí en Noia, en este congreso, toda la odontología gallega”. Ademais, salientou a importancia dos Colexios profesionais “para que la praxis profesional se cumpla de forma adecuada”. Finalmente, aproveitou o foro para anunciar a próxima publicación dun libro sobre a historia da odontoestomatoloxía en Galicia, “en su fase científica, que era algo que no teníamos. No sobre los sacamuelas, sino la etapa que se inicia a finales del siglo XIX y el primer tercio del siglo XX”.

No acto de inauguración tamén estiveron presentes outras autoridades como o vicedecano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Jacobo Limeres Posse e Ángela Juana Torres Iglesias; o presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, José María Quintanilla; e Pontevedra, Segundo Eduardo Rodríguez Grandío; así como os catro presidentes do comité organizador do congreso: Benjamín Martín Biedma, Andrés Blanco Carrión, Juan Blanco Carrión e Juan Antonio Suárez Quintanilla.

Comentarios
Lo más