miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Ribeiras do Tambre saca músculo en Verducido

O Ribeiras do Tambre saca músculo en Verducido
Foto: Ribeiras do Tambre
O Ribeiras do Tambre saca músculo en Verducido

O colectivo amesá completou unha magnífica actuación no Campionato Galego Xuvenil e Sénior

Na carta de presentación do Clube de Piragüismo Ribeiras do Tambre xa figuran os últimos éxitos acadados pola entidade local no Campionato Galego Xuvenil e Sénior 2018.

Entre os resultados obtidos destacan o segundo posto do barco formado por Ángel e Gabriel na distancia de 1000 metros e o triunfo de Gabriel en K1 200 metros. Na contrarreloxo K2 1000 metros Ángel e Gabi entraban na final "A" co sexto mellor tempo, pero á hora da verdade subiron as súas prestacións. Nos primeiros 500 metros estaban en cuarta posición, moi preto dos barcos que ocupaban o segundo e o terceiro lugar, pero na parte final da proba incrementaron o seu ritmo para finalizar nunha gran segunda praza. 

Ademais, no Ribeiras do Tambre todos agardaban con gran interese a proba individual de 200 metros. Esta é a distancia na que Gabriel venceu na pasada Copa de España de Trasona e que lle facilitou o pasaporte ao mundial xuvenil de pista. A proba presumíase apaixoante, xa que nela tamén participaba Iván, o padexeiro de Betanzos que lle disputou a vitoria a Gabi na pasada Copa de España e que é un dos mellores xuvenís de España. A eles uniuse o máis selecto do piragüismo galego. Gabi pasaba á final "A" co mellor tempo mentres que Angel fixoo co oitavo crono. Gabriel, nun alarde de potencia, non deu opción a ningún dos seus adversarios para gañar con claridade: mais de medio barco de marxe. Esta é a última participación de Gabriel co clube amesá antes concentrarse en Trasona con vistas ao mundial de final de mes e non puido acabar de mellor modo. 

Ángel, pola sua banda, finalizou en oitava posición. O seu concurso estivo máis que ben: tres finais "A" nas tres probas nas que participou (sexto en K1 1000 e a medalla de prata do K2 1000). Juanfi e David forman, sen dúbida, unha das parellas máis recoñecibles do piragüismo xuvenil galego. Na contrarreloxo realizaron o 15º mellor tempo.

Lorena tamén competiu en tres probas (K1 500, k1 200 e K2 500) formando parella con Alicia, qué é cadete e que só participa nesta última proba. Lorena termina nun máis que digno 11 posto en ambas as probas individuais, mentres que o barco de equipo de Lorena e Alicia clasifícouse para a Final "A" e rematou nunha gran quinta posición.

Comentarios
Lo más