David Orihuela presenta a súa mostra 'FOI O MAR'
FOI O MAR, traslada aos visitantes a súa peculiar visión do mar e desenvolve a idea de cómo a nivel persoal identificámonos coa paisaxe
O Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés (planta baixa), acolle do 6 ao 28 de xullo en horario comercial, de 10 a 22 horas, a exposición de óleos ‘FOI O MAR’, do estradense licenciado en Historia da Arte, David Orihuela Conde.
Na inauguración, que se celebrará o venres, día 6 ás 20:30 h., o autor estará acompañado de Modesto López de Sande, Técnico de Cultura do Concello de Santiago e Director do Centro Socio Cultural do Castiñeiriño.
FOI O MAR, traslada aos visitantes a súa peculiar visión do mar e desenvolve a idea de cómo a nivel persoal identificámonos coa paisaxe. Como moitos de nós utilizamos as imaxes paisaxísticas, sobre todo aquelas relacionadas co mar, a modo de icona ou imaxe representativa de nós mesmos/ as en RRSS.
A exposición conta con 15 óleos sobre lenzo e unha peza especial tripartita que representa o ser mitolóxico por excelencia do mar, as sereas.
Cada unha das imaxes representadas son o resultado de traballos ao natural "in situ " ao aire libre, e outras copias sobre fotografías orixinais propias de contornas paisaxísticas mariños da comunidade galega, así como, de imaxes de amigos e familiares en RRSS.
O traballo técnico está desenvolvido utilizando a técnica do óleo. Dentro dunha gama cromática onde dominan a gama dos fríos e medios, reservando para pequenos detalles dalgunha das obras algunha pequena manifestación da gama dos tons cálidos.
As obras reflicten unha procura de luz a través da cor. Dunha luz propia, dunha luz Atlántica da costa e do mar dentro. A execución técnica desenvolvese a partir de un traballo directo a pincel y espátula, buscando texturas para conseguir efectos de identificación y profundidad.
O artista propón aos visitantes un xogo lúdico e interactivo que lles axudará a observar e interaccionar mellor coa exposición.