miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Malestar pola falta de previsión e a mala organización de O Son do Camiño

Malestar pola falta de previsión e a mala organización de O Son do Camiño
Malestar pola falta de previsión e a mala organización de O Son do Camiño

O Grupo que dirixe Agustín Hernández tamén quere coñecer "se seis meses non foi tempo suficiente para que o Goberno de Martiño Noriega se dese conta que era necesario realizar un control rigoroso"

"O goberno de Compostela Aberta volveu demostrar que o de organizar eventos importantes para unha cidade lle ven grande, tal como demostraron co dispositivo de tráfico que prepararon para ordenar o acceso ao Monte do Gozo con motivo dos concertos do festival O Son do Camiño, organizado pola Xunta de Galicia", afirmaban os Populares. A tenor do caos, o Partido Popular preguntará no vindeiro Pleno "quen foi o responsable político que deseñou semellante operativo".

O Grupo que dirixe Agustín Hernández tamén quere coñecer "se seis meses non foi tempo suficiente para que o Goberno de Martiño Noriega se dese conta que era necesario realizar un control rigoroso e unha limitación do tránsito de vehículos privados no principal acceso ao Monte do Gozo desde o estadio de San Lázaro".

"O espectáculo musical foi un éxito total, do que apenas se oíron críticas, pero houbo moitas queixas no tocante á organización da mobilidade e do acceso ao recinto do Monte do Gozo". Segundo as queixas recollidas polo Grupo Municipal Popular "as dificultades manifestáronse xa no primeiro día, con notables demoras na frecuencia dos autobuses lanzadeira, pero acadaron o seu punto máis álxido no momento da clausura, o sábado de madrugada, cando se anulou o servizo de autobuses para regresar desde o recinto ao centro da cidade".

Para os Populares, resulta "totalmente incomprensible que coñecendo a celebración do festival con bastantes meses de antelación, o Goberno de Compostela Aberta faiase desa forma e cómo, entre outras cuestións, non se fixo un control e unha limitación rigorosa para evitar o atasco de vehículos privados nos accesos ao recinto. Esta circunstancia foi advertida desde o primeiro día pola alcaldesa accidental como un dos principais motivos das dificultades do correcto funcionamento dos buses lanzadeiras dispostos para facilitar o acceso desde o aparcamento disuasorio habilitado nas inmediacións do estadio de San Lázaro".

Comentarios
Lo más