miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mozos interésanse polas políticas da Unión Europea nun encontro altamente participativo no náutico de Ribeira

Mozos interésanse polas políticas da Unión Europea nun encontro altamente participativo no náutico de Ribeira
Mozos interésanse polas políticas da Unión Europea nun encontro altamente participativo no náutico de Ribeira

Hoxe a partir das 17 horas no salón de plenos haberá un novo encontro

Unha treintena de mozos e mozas participaron esta mañá na iniciativa “Café con Europa” que, a iniciativa das institucións comunitarias en España, recalou no día de hoxe en Riveira para conversar coa xuventude acerca das políticas da UE.


Celebrada nas instalacións do Club Náutico de Riveira, a xuntanza contou coa presenza e participación da xefa de comunicación da UE en Europa, Teresa Frontán; da conselleira do Mar Rosa Quintana; e do alcalde Manuel Ruiz. Ao longo dunha hora e media e dunha forma distendida, a charla abordou numerosas cuestións vinculadas coa Unión Europea e o seu futuro, tales como as becas Erasmus, as posibles repercusións do Brexit no resto de países comunitarios, os efectos da política proteccionista dos Estados Unidos, as posibilidades de que a UE desemboque nun estado federal e moitas outras cuestións nas que gran número dos mozos asistentes expresaron as súas inquietudes e opinións, enriquecendo o debate.

Hoxe a partir das 17 horas no salón de plenos haberá un novo encontro, neste caso aberto a toda a cidadanía. O de Ribeira é o segundo encontro destas características celebrado en Galicia dos tres que haberá en Galicia. Onte houbo outro en Monforte e mañá celebrarase en Ponteareas.


Comentarios
Lo más