miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atropelada unha muller en Narón con feridas de consideración

Atropelada unha muller en Narón con feridas de consideración
Atropelada unha muller en Narón con feridas de consideración

Varios veciños que informaban dunha muller ferida grave tendida no chan tras ser alcanzada por un turismo na Estrada de Castela, en Xubia

Unha muller resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un turismo no Alto do Castaño, en Narón.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 16:20 horas desta tarde mediante as chamadas de varios veciños que informaban dunha muller ferida grave tendida no chan tras ser alcanzada por un turismo na Estrada de Castela, en Xubia. Así, desde o 112 Galicia, pasou aviso aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona a unha UVI móbil.

Tamén foron informados os axentes da Policía Local e os Bombeiros de Narón para colaborar na limpeza da vía e o restablecemento das condicións de seguridade na vía. 

Comentarios
Lo más